Skip to content

Instantly share code, notes, and snippets.

@rafacouto
Last active December 16, 2016 00:32
Show Gist options
  • Save rafacouto/984a3fc27f6f3458e6365a2d13044d57 to your computer and use it in GitHub Desktop.
Save rafacouto/984a3fc27f6f3458e6365a2d13044d57 to your computer and use it in GitHub Desktop.
Presentación do obradoiro OpenCookies

Obradoiro OpenCookies no Recuncho Maker

Este sábado 17, co gaio das festas do Nadal, no Recunho Maker imos facer unha sesión #gastromaker de apetitosas galletas DiY.

Galletas en bote

O obradoiro está baseado no artigo Open Cookies de Xosé Pérez de Bricolabs a quen agradecemos que compartira tan delicioso coñecemento.

Na sesión de mañá fabricaremos os moldes de corte con impresión 3D.

Impresión moldes

Pola tarde prepararemos a masa e cortarémola cos moldes listas para levar a casa e cocer.

Galletas para cocer

Para asistir ao obradoiro é preciso apuntarse, por limitacións de aforo, enviando un email a info@recunchomaker.org indicando no título "Obradoiro OpenCookies" e número de persoas que asistirán.

Materiais necesarios para traer na sesión de tarde:

  • Un bol para misturar os ingredientes da masa.
  • Un rodillo de estirar (pode valer unha botella de cristal sen etiqueta).
  • Bandexa de forno para levar as galletas listas para cociñar.
  • Papel de forno para evitar que as galletas se peguen á bandexa.
  • Báscula de cociña (opcional, podemos compartila).
  • Ingredientes:
    • 250 g manteiga sen sal.
    • 350 g fariña e un pouco máis para estirar.
    • 100 g azucre glass.
    • 2 culler de leite enteira.

Bandexa e papel de forno

Rodillos para estirar

Sign up for free to join this conversation on GitHub. Already have an account? Sign in to comment